Venres 29 Marzo 2024

Voar sobre o planeta anano Ceres


Créditos do vídeo: NASA, JPL-Caltech, UCLA, MPS/DLR/IDA, DLR, ESO
Explicación: a que se parecería voar sobre o planeta anano Ceres? Animadores do Centro Aeroespacial Alemán tomaron recentemente imaxes reais e datos de alturas da misión automátida Dawn da NASA, actualmente de visita en Ceres, para xerar varias secuencias virtuais fascinantes. O vídeo publicado comeza cunha órbita de proba ao redor da rocha espacial de 950 km de ancho, co cráter que amosa dúas das enigmáticas manchas brancas aparecendo cedo á vista pola rotación. As seguintes secuencias levan ao observador ao redor dos polos norte e sur de Ceres, e despois sobre o limbo do mundo escuro que salienta a súa superficie ateigada de cráteres. Aquí, a altura do terreo do meirande obxecto do cinto de asteroides foi dobrado dixitalmente, mentres se engadiu no fondo un campo artificial de estrelas. A sonda espacial Dawn probablemente ficará coma unha estraña lúa artificial de Ceres moito despois de que a misión conclúa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente