Venres 29 Marzo 2024

Vista interior

Interior do módulo Cupola da Estación Espacial Internacional
Créditos da imaxe: NASA, Expedición 42.

Explicación: algúns prefiren xanela, e estas son as mellores dispoñibles a bordo da Estación Espacial Internacional. Tirada o 4 de xaneiro, esta instantánea desde o interior do gran módulo Cupola de sete xanelas da estación tamén amosa unha estación de traballo para controlar o Canadarm2. O brazo robótico, empregado para fedellar cos vehículos de carga de visita e asistir aos astronautas durante os paseos espaciais, está xusto no exterior da xanela da dereita. A propia Cupola está acoplada de cara a Terra ou zona nadir do módulo Tranquilidade da estación, ofrecendo panorámicas dinámicas do noso fermoso planeta. Visto desde a órbita de 400 quilómetros de altura e 90 minutos de duración, o brillante limbo da Terra está por riba do centro da imaxe.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como lograr vivendas autosuficientes como a Estación Espacial Internacional

As casas do futuro tenderán a comportarse como un ser eficiente e autosuficiente, que trate de vivir en simbiose coa contorna natural

A NASA detecta un enorme burato no Sol

O Observatorio de Dinámica Solar capta un vídeo do fenómeno e prognostica unha tormenta xeomagnética nos vindeiros días

Como ver a Estación Espacial Internacional dende a túa casa? Aquí podes comprobalo

Unha ferramenta da NASA permitirá saber a súa posición en tempo real, así como recibir avisos do seu próximo avistamento na túa localidade

Cinco asteroides pasarán preto da Terra en apenas 24 horas

A NASA confirma que ningún deles é potencialmente perigoso, pese a que pasarán a menos de 7,5 millóns de quilómetros do planeta