.

.

Unha visualización inmersiva no centro galáctico

Un vídeo en 360 graos permite simular a situación no centro da Vía Láctea

Explicación: que tal se puideras mirar desde o centro da nosa galaxia? Que verías? No vídeo publicado, unha vista inmersiva de 360 graos que permite ollar ao redor en todas as direccións, amósanse dúas posibilidades determinadas cientificamente. A simulación informática está baseada en datos de infravermello do Telescopio Very Large do ESO en Chile e datos de raios X do Observatorio Chandra de raios X en órbita da NASA. Cando o vídeo comeza achegaraste axiña a Sgr A*, o burato negro supermasivo do centro galáctico. Mira entón fóra, esta simulación en vídeo secuencia de 500 anos amosa o gas brillante e moitos puntos de luz que orbitan ao teu redor. Moitos destes puntos son estrelas Wolf-Rayet novas que teñen ventos quentes visibles inchándose ao redor en forma de nebulsoas. As nubes que se achegan moito fanse alongadas, mentres que os obxectos que se achegan demasiado caen ao interior. Cara o remate do vídeo a simulación repítese, pero desta volta coa rexión dinámica que arrodea a Sgr A* expulsando gas quente que fai retroceder contra o material que se achega.

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.