Créditos da imaxe e copyright: Martin Pugh

Créditos da imaxe e copyright: Martin Pugh

Vía Láctea sobre os Cumios Españois

Créditos da imaxe e copyright: Martin Pugh

Créditos da imaxe e copyright: Martin Pugh

Explicación: iso non son lóstregos e tampouco son golpes entre estas montañas. Realmente, a banda diagonal é a franxa central da nosa galaxia Vía Láctea, mentres que os cumios xemelgos chámanse realmente cumios Spanish (N.T.: Españois); pero están en Colorado, EUA. Aínda que cada cumio Español está composto dun tipo de rocha lixeiramente diferente, ámbolos dous teñen aproximadamente 25 millóns de anos de idade. Esta composición queda e incluso espiritual foi creada meticulosamente unindo unha serie de fotografías tiradas desde o mesmo lugar nunha noite a comezos do mes pasado. Na primeira serie de exposicións, construíuse o ceo do fondo, ben polo miúdo chegando a desvelar os corredores de po da Vía Láctea así coma a gran rexión chea de cor que arrodea a estrela Rho Ophiuchus xusto á dereita do centro. Aínda que unha imaxe do ceo tomouse empregando un filtro de brétema polo que as estrelas máis brillantes aparecerían máis difusas e por tanto máis destacas. Como premio adicional, aparecen os planetasMarte e Saturno xusto por riba dos cumios e facendo un triángulo laranxa coa estrela brillante Antares. Máis tarde na mesma noite, trala saída da Lúa, esta alumeou de xeito natural a neve que cubría a parte superior das montañas.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.