SevenStrongSky_sergei

A Vía Láctea sobre as formacións de rocha dos Sete Xigantes

SevenStrongSky_sergei

Créditos da imaxe e copyright: Sergei Makurin.

Explicación: Poida que oíras falar das Sete Irmás do ceo, pero sentiches falar sobre os Sete Xigantes da terra? Localizadas xusto ao oeste das montañas Urales, as estrañas formacións de rocha Manpupuner son unha das Sete Marabillas de Rusia. Aínda se descoñece como se formaron estes vellos piares de 40 metros de altura. O fotógrafo persistente desta imaxe que se amosa batallou co terreo accidentado e unha meteoroloxía pouco colaboradora para capturar estas torres de pedra irregular no inverno pola noite, tendo éxito por fin en febreiro do ano pasado. Empregando o temporizador da cámara, o fotógrafo mantén un flash no primeiro plano preto dun dos piares cubertos de neve. Moi por riba, brillan millóns de estrelas, mentres a banda da nosa galaxia Vía Láctea cruza diagonalmente desde a parte superior esquerda.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.