Martes 16 Abril 2024

Vestirse axeitadamente para a Lúa

Módulo de Pastoreo Lunar
Créditos da imaxe e copyright: Robert Nemiroff (Michigan Tech. U.).

Explicación: como sobrevivirán as vacas na Lúa? Os científicos gastaron décadas debatindo este tema clave, unha das cuestións que máis interesa sobre o espazo. Ao final, tras modelacións informáticas extensas e sobre unha ducia de muxiduras a media noite, os enxeñeiros deseñaron, construíron e agora probaron o novo Lunar Grazing Module (LGM ou Módulo de Pastoreo Lunar), un sistema de contedor bovino espacial e multiusos. Desta volta, moitos de vós xa non vos abraiaredes de que vos desexemos desde o APOD un feliz Día Primeiro de Abril (ou April Fool’s Day, día adicado ás bromas). Ata onde nós chegamos a saber, non hai na actualidade plans de guindar vacas ao espazo. Por unha razón, as vacas son animais grandes que non se lanzan de xeito doado nin barato. Tan amigables coma poden ser as vacas, en contraposición con elas resulta que os todoterreos robóticos son normalmente máis efectivos coma exploradores científicos. A imaxe publicada é da suxerente obra de arte “Mooooonwalk”, que se exhibe nun popular museo científico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Si, pódese crear acuarela con bacterias: a UDC impulsa a divulgación a través da arte

CICAGallery estrea a súa primeira edición con cinco artistas que convivirán con distintos grupos de investigación da universidade

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Exoplanetas de spray e tinta: ciencia e arte alíanse nun proxecto internacional con selo galego

O artista vigués Tono Carbajo realiza unha residencia artística en Cataluña para desenvolver a súa obra visual e sonora a partir de evidencias astronómicas