Vesta Trek: un modelo dixital do asteroide Vesta

Vesta Trek: un modelo dixital do asteroide Vesta

Créditos da imaxe: NASA, JPL, LMMP, SSERVI, USGS, DLR
Explicación: aquí podes explorar o asteroide Vesta. Hai pouco, a nave espacial automática Dawn da NASA visitou Vesta, o segundo obxecto máis grande do cinto principal de asteroides, do noso Sistema Solar, que se sitúa entre Marte e Xúpiter. Durante un ano pasando por riba, as cámaras da Dawn fotografaron toda a superficie de Vesta, documentando todas as grandes montañas e cráteres do planeta menor. Estas imaxes combináronse agora nun modelo dixital que permite a calquera persoa cun navegador con todas as características voar por todo Vesta, virtualmente, e incluso achegarse ás caracteristicas superficiais interesantes, con só arrastrar e premer o cursor. Se o desexas, o mapa plano en 2D inicial pode ser convertido nun obxecto case esférico premendo na icona 3D do fondo. A Dawn saíu cara Vesta en 2012 e agora está comezando a fotografar e explorar os misterios do obxecto máis grande do cinto de asteroides: o planeta anano Ceres.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.