Créditos da imaxe: JAXA, ISAS, DARTS; Procesado e copyright: Damia Bouic

Créditos da imaxe: JAXA, ISAS, DARTS; Procesado e copyright: Damia Bouic

Venus pola noite en infravermellos

O noso planeta veciño, retratado pola nave espacial automática xaponesa Akatsuki

Créditos da imaxe: JAXA, ISAS, DARTS; Procesado e copyright: Damia Bouic

Créditos da imaxe: JAXA, ISAS, DARTS; Procesado e copyright: Damia Bouic

Explicación: por que Venus é tan diferente da Terra? Para averigualo, Xapón lanzou a nave espacial automática Akatsuki que entrou en órbita ao redor de Venus a finais de 2015 despois dunha aventura non prevista de cinco anos ao redor do Sistema Solar interior. Aínda que Akatsuki xa superou o seu tempo de vida previsto, a sonda espacial e os instrumentos estaban a funcionar tan ben que gran parte da súa misión orixinal foi restablecida. Tamén coñecido coma Satélite Climático de Venus, os instrumentos do Akatsuki puxéronse a investigar temas descoñecidos sobre o planeta irmán da Terra, incluíndo se os volcáns seguen a estar activos, se hai lóstregos na súa densa atmosfera e porque a velocidade do vento supera moito a velocidade de rotación do planeta. Na imaxe publicada que tirou a cámara IR2 do Akatsuki, a parte nocturna de Venus amosa unha banda ecuatorial con borte dentado de nubes escuras e altas que absorben a luz infravermella procedente das capas máis fondas e quentes da atmosfera de Venus. A fita negra e laranxa brillante da parte superior dereita é un artefacto dixital falso que cobre a parte máis brillante onde pega o sol de Venus. As análises das imaxes do Akatsuki e os datos están a amosar que Venus ten chorros ecuatoriais semellantes ás correntes en chorro da Terra.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.