Xoves 28 Marzo 2024

Venus e Xúpiter, no mesmo campo de vista telescópico

Xúpiter e Venus
Créditos da imaxe e copyright: Adam Tomaszewski.

Explicación: o 30 de xuño, Venus e Xúpiter estaban realmente moi afastados, pero ambos apareceron achegados nos ceos occidentais do lusco fusco. Preto do cumio da espectacular conxunción deste ano, os dous planetas brillantes vespertinos son capturados no mesmo campo de vista telescópico neste definido amoreado dixital de imaxes tiradas tralo solpor desde Poznań, en Polonia. De feito, Xúpiter, o xigante gasoso e con franxas, estaba a uns 910 millóns de quilómetros de Polonia. Iso é unhas 11 veces máis lonxe có crecente Venus, a só 78 millóns de quilómetros de distancia nese intre. Pero como o diámetro do planeta xigante Xúpiter é unhas 11 veces maior có de Venus, ámbolos dous planetas amosan o mesmo tamaño angular. Por suposto, o astrónomo polaco do século XVI Nicolaus Copernicus tamén gozaría desta visión telescópica simultánea incluíndo as catro lúas galineanas de Xúpiter e un Venus crecente. As observacións das lúas de Xúpiter e a fase crecente de Venus eran evidencias do modelo heliocéntrico ou copernicano do sistema solar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un asteroide troiano de Xúpiter pasará polo ceo de Galicia

En Santiago de Compostela hai un 34 % de probabilidade de observar a ocultación dunha estrela

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa