Venus e Mercurio no solpor

Venus e Mercurio no solpor

Venus e Mercurio no solpor

Créditos da imaxe e copyright: Tamas Ladanyi (TWAN).

Explicación: os planetas máis interiores, Venus e Mercurio endexamais deambulan afastados do Sol no ceo da Terra. Probablemente esta semana os viches a ámbolos dous xuntos preto do horizonte oeste xusto tralo solpor, unha conxunción achegada de brillantes almenaras celestes entre o lusco e fusco. A parella está encadrada nesta paisaxe do ceo do comezo do serán captado no 13 de xaneiro desde as ruínas do castelo Szarvasko no noroeste de Hungría. Por riba da silueta da paisaxe na que destaca un outeiro volcánico, Venus é moito máis brillante, afastado de Mercurio por pouco máis cá anchura de dúas lúas cheas. O venres, os máis madrugadores do planeta Terra tamén serán agasallados cunha conxunción, cando Saturno se atope cunha Lúa nun pequeno cuarto decrecente preto do horizonte surleste no mencer.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.