Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, SwRI, MSSS; Procesado: Roman Tkachenko.

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, SwRI, MSSS; Procesado: Roman Tkachenko.

Unha nube branca oval sobre Xúpiter desde Juno

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, SwRI, MSSS; Procesado: Roman Tkachenko.

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, SwRI, MSSS; Procesado: Roman Tkachenko.

Explicación: Esta nube de tormenta que hai en Xúpiter é case tan grande como a Terra. Coñecida como óvalo branco, a nube xiratoria é un sistema de alta presión equivalente a un anticiclón terrestre. A nube é un dos óvalos do “colar de perlas” que hai no sur da famosa Gran Mancha Vermella de Xúpiter. Este fenómeno é, seguramente, un óvalo branco moi grande que tornou vermello. As nubes circundantes amosan correntes turbulentas que flúen arredor e máis alá do óvalo.
A fotografía tomouse o 2 de febreiro, cando a sonda da NASA Juno facía un novo pase xusto por riba das nubes do mundo xoviano. Nos vindeiros anos, Juno continuará orbitando e investigando Xúpiter, medirá a abundancia de auga atmosférica e intentará determinar se Xúpiter ten una superficie sólida por debaixo das mestas nubes.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.