Venres 29 Marzo 2024

Unha noite estrelada en Islandia

Créditos da imaxe: Stephane Vetter (Nuits sacrees); anotacións sobre a imaxe: Judy Schmidt
Créditos da imaxe: Stephane Vetter (Nuits sacrees); anotacións sobre a imaxe: Judy Schmidt

Explicación: nalgunhas noites, o ceo é o mellor espectáculo da cidade. Nesta noite, o ceo non era só o mellor espectáculo da cidade, senón que unha imaxe composta do ceo gañou unha competición internacional de astrofotografía de paisaxes. A imaxe publicada gañadora tomouse en 2011 sobre Jökulsárlón, o lago glacial máis grande de Islandia. O fotógrafo combinou seis exposicións para captar non só dous aneis aurorais verdes, senón tamén reflexos no lago tranquilo. Pode ollarse no afastado ceo do fondo a franxa da nosa galaxia Vía Láctea malia galaxia de Andrómeda. Unha potente exección de masa coronal procedente do Sol provocou auroras que se ollan tan ao sur coma en Wisconsin (EUA). Xa no comezo do 2016, a actividade solar durante a semana pasada deu lugar a auroras durante os últimos días.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente