Noite en Poker Flat

Unha noite en Poker Flat

Noite en Poker Flat

Créditos da imaxe: NASA / Jamie Adkins.

Explicación: catro foguetes de exploración suborbital da NASA deron un chimpo ao interior da noite do 26 de xaneiro, desde a instalación Poker Flat Research Range da Universidade de Alaska. Esta imaxe composta por varias secuencias segue os catro lanzamentos dos pequenos foguetes multietapa que explorarán os engaiolantes ceos invernais cheos de auroras. Durante as tomas fotográficas, as estrelas deixaron os seus ronseis ao redor do polo norte celeste, ben alto por riba do horizonte no sitio a 30 millas (48 quilómetros) ao norte de Fairbanks, Alaska. O Lidar, feixes de láseres pulsados verdes, tamén deixou pegada por toda a escena. A carga que botaron e que opera con éxito estaba formada por dous Mesosphere-Lower Thermosphere Turbulence Experiments (M-TeX) e dous experimentos Mesospheric Inversion-layer Stratified Turbulence (MIST), creando ronseis de vapor a elevadas altitudes que se perceben desde terra.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.