Créditos da imaxe e copyright: Rolf Geissinger

Créditos da imaxe e copyright: Rolf Geissinger

Unha lura xigante no morcego voador

Créditos da imaxe e copyright: Rolf Geissinger

Créditos da imaxe e copyright: Rolf Geissinger

Explicación: a xigante nebulosa da Lura catalogada coma Ou4, moi feble pero tamén moi grande no ceo do planeta Terra,  así coma Sh2-129 tamén coñecida coma a nebulosa do Morcego Voador, foron captadas ámbalas dúas nesta escena cósmica cara a constelación real Cepheus. Composta con case 17 horas de datos de imaxes en banda estreita, o campo telescópico de visión ten case 4 graos ou 8 lúas cheas de diámetro. A sedutora forma bipolar da nebulosa da Lura, descuberta en 2011 poloastrofotógrafo francés Nicolas Outters, distínguese aquí polo pola desveladora emisióon azul verdosa procedente dos átomos de osíxeno dobremente ionizados. Aínda que aparentemente poida pareceder arrodeada por completo pola emisión avermellada do hidróxeno da rexión Sh2-129, a distancia e natureza reais da nebulosa da Lura foron difíciles de determinar. Con todo, unha investigación recente suxire que realmente Ou4 se atopa dentro de Sh2-129 a uns 2.300 anos luz de distancia. Ou4, de xeito consistente con ese escenario, representaría un espectacular fluxo saínte dirixido por HR8119, un sistema triplo de estrelas masivas e quentes que se ollan preto do centro da nebulosa. A nebulosa da Lura , realmente xigante, tería fisicamente case 50 anos luz de diámetro.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.