Venres 29 Marzo 2024

Unha Lúa de sangue azul

Créditos da imaxe e copyright: Dominique Dierick.
Créditos da imaxe e copyright: Dominique Dierick.

Explicación: esta definida instantánea telescópica capturou a Lúa das Colleitas do pasado setembro completamente mergullada na escura sombra umbral da Terra, ao comezo da eclipse lunar total. Foi a derradeira eclipse dunha tétrada, unha de catro eclipses lunares totais consecutivas. Esta cor da eclipse totalunha aparición escura da Lúa chea preto do perixeo, foi dun vermello sangue escuro, coa superficie lunar reflectindo a luz do interior da sombra da Terra que se filtrou ao través da atmosfera baixa. Ollado desde a perspectiva lunar, a luz avermellada vén de tódolos solpores e menceres ao redor dos bordos dunha Terra en silueta. Pero preto do bordo da sombra, o limbo da Lúa eclipsada amosa unha clara cor azul. O luar azul eclipsado aínda se filtra a través da atmosfera da Terra aínda que, ao orixinarse como raios de luz solar que pasan a través de capas altas da estratosfera superior, coloréase polo ozono que esparexe a luz vermella e transmite a azul.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Lúa non ten ceo

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de “E se estivésemos equivocados? E se a Terra...

Un equipo de Vigo busca solucións para colonizar a Lúa

Xunto con investigadores de Oviedo, realizaron ensaios nas covas volcánicas de Lanzarote pola sús analoxía coas cavidades lunares

Superlúa azul: cando ver o fenómeno que non se repetirá ata 2037

O 31 de agosto poderase observar a segunda lúa chea do mes que, ademais, será lixeiramente máis grande e brillante do habitual

Chega a lúa do Cervo: así poderás ver a primeira superlúa do ano

Os días 1 e 30 de agosto e o 29 de setembro repetirase o fenómeno, e o satélite percibirase aínda máis grande e brillante que en xullo