Créditos da imaxe e copyright: Simon Tang.

Créditos da imaxe e copyright: Simon Tang.

Unha fuxidía eclipse dobre do Sol

A Estación Espacial pasa por diante do Sol durante a eclipe do pasado 21 de agosto

Créditos da imaxe e copyright: Simon Tang.

Créditos da imaxe e copyright: Simon Tang.

Explicación: a semana pasada, durante unha fracción de segundo, o Sol eclipsouse dúas veces. Fai hoxe unha semana que moita xente de Norteamérica foi agasallada cunha eclipse solar parcial sinxela e estándar. Algo menos de xente, todos congregados ao longo dun camiño estreito, experimentaron a arrepiante escuridade durante o día dunha eclipse solar total. Porén, uns poucos entregados cun equipamento fotográfico abondo rápido foron quen de capturar unha eclipse dobre; unha eclipse parcial simultánea do Sol tanto pola Lúa como pola Estación Espacial Internacional (ISS). A ISS, en órbita terrestre, cruzou o Sol en menos dun segundo, pero para evitar que a ISS non aparecera borrosa, os tempos de exposición deberon ser menores ca unha milésima dun segundo. A imaxe composta publicada captou á ISS moitas veces en serie mentres pasaba a lume de carozo pola faciana do Sol. A imaxe foi tomada desde Huron, California, nunha cor específica emitida polo hidróxeno que salienta a cromosfera do Sol, unha capa máis quente e por riba da normalmente fotografada fotosfera.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.