Eclipse total na Antártida

Unha eclipse total na fin do mundo

Eclipse total na Antártida

Créditos da imaxe e copyright: Fred Bruenjes (moonglow.net).

Explicación: irías á fin do mundo para ollar unha eclipse total do Sol? Se así fose, abraiaríaste de atopar alguén máis xa alí? En 2003, o Sol, a Lúa, a Antártida e dous fotógrafos aliñáronse todos na Antártida durante unha estraña eclipse solar total. Incluso nesa localidade extrema, un grupo de entusiastas cazadores de eclipses arriscáronse preto da fin do mundo para experimentar a surrealista desaparición momentánea do Sol por tras da Lúa. Un dos tesouros que recompilaron foi a imaxe superior; unha composición de catro fotografías separadas e combinadas dixitalmente para simular de xeito realista como o ollo humano adaptativo ollaba a eclipse. Mentres se tiraba a imaxe, tanto a Lúa como o Sol chegaban ao cumio xuntos sobre a crista dunha montaña antártica. Na súpeta escuridade, a magnífica coroa do Sol fíxose visible ao redor da Lúa. Bastante por accidente, captouse outro fotógrafo nunha das imaxes ao comprobar a súa videocámara. Á esquerda pode verse unha bolsa do equipo e unha cadeira pregable. O venres, ocorrerá unha eclipse total que será visible desde o Océano Atlántico norte.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.