Xoves 18 Abril 2024

Unha eclipse parcial sobre a baía de Manila

Créditos e copyright: Armando Lee (Astron. League Philippines), F. Naelga Jr., 100 Hours of Astronomy (IYA2009)
Créditos e copyright: Armando Lee (Astron. League Philippines), F. Naelga Jr., 100 Hours of Astronomy (IYA2009)

Explicación: que lle está a pasar ao Sol que se oculta? Unha eclipse! A comezos de 2009, a Lúa eclipsou parte do Sol mentres se vía desde zonas de África, Australia e Asia. Na fotografía publicada en particular, tirada desde o peirao do Centro Comercial de Asia, capturouse un Sol parcialmente eclipsado que se puña sobre a Baía de Manila nas Filipinas. Poden verse peiraos perfilados no primeiro plano. Os observadores de eclipses e os entusiastas do ceo ben localizados capturaron outras moitas imaxes artísticas interesantes da única eclipse anular solar do ano, incluíndo películasconxuntos de sombras da eclipse e aneis de fogo. O xoves, partes do Sol voltarán a seren bloqueadas brevemente pola Lúa, visible de novo para algúns coma unha eclipse parcial solar. Porén, a eclipse do xoves será visible só desde zonas meridionais de Sudamérica e Antártida.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Guía para ver a eclipse solar dende Galicia

O fenómeno poderase observar a partir das 21:02 horas, sete minutos antes do ocaso na zona da Coruña

Como xestionar a enerxía eléctrica en vehículos lunares non tripulados? Así o estuda a UVigo

O proxecto busca garantir as demandas eléctricas dos 'rovers' no polo sur lunar, un lugar de interese científico pola posibilidade de que exista auga conxelada