Eclipse de Lúa no Golden Gate de San Francisco

Unha eclipse de Golden Gate

Eclipse de Lúa no Golden Gate de San Francisco

Créditos da imaxe e copyright: Rogelio Bernal Andreo (Deep Sky Colors).

Explicación: as sombras xogan na auga e no ceo desta vista panorámica da eclipse lunar total do pasado 4 de abril sobre a ponte Golden Gate de San Francisco (Estados Unidos). O disco lunar, xusto no interior da sombra do planeta Terra, aínda se pode ollar de xeito doado na súa breve fase total na paisaxe celeste nocturna urbana que se creou para cubrir un amplo rango de luminosidades visibles. A eclipse total lunar máis curta do século tamén foi a terceira dunha cadea de catro eclipses lunares totais consecutivas, o que se denomina coma unha tétrada. As dúas anteriores, afastadas por intervalos de case seis meses, foron os pasados 15 de abril e  o 8 de outubro de 2014. A vindeira eclipse final da tétrada será o 28 de setembro. Esta tétrada de 2014-2015 é unha das 8 tétradas de eclipses lunares totais do século XXI.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.