Unha coroa lunar chea de cor

Unha coroa lunar chea de cor

Unha coroa lunar chea de cor

Créditos da imaxe e copyright: Sergio Montúfar.

Explicación: que son eses aneis cheos de cor ao redor da Lúa? Unha coroa. Os aneis coma este aparecerán ás veces cando ollamos á Lúa entre nubes finas. O efecto é creado pola difracción mecano-cuántica da luz ao redor de pingas de auga individuais de tamaño parecido no interior dunha nube interposta pero case transparente. Como a luz de diferentes cores ten lonxitudes de onda diferentes, cada cor difracta de xeito diferenciado. As coroas lunares son un dos poucos efectos de cor puramente mecano-cuánticos que se poden ollar de xeito sinxelo a simple vista. A coroa lunar publicada foi captada ao redor dunha Lúa de Fresa o 2 de xuño desde La Plata (Arxentina). Coroas parecidas que se forman ao redor do Sol son normalmente máis difíciles de ollar debido ao gran brillo solar.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.