Xoves 28 Marzo 2024

Unha aurora de bólas

Unha aurora de bólas
Créditos da imaxe e copyright: Babak Tafreshi (TWAN).

Explicación: semella unha bonita colección de ágatas. Pero realmente esta rede de remuíños e manchas incrustadas amosa o emocionante desenvolvemento das subtormentas aurorais do planeta Terra. A secuencia dunhas 600 imaxes de ollo de peixe de horizonte a horizonte tirouse durante un período de 2 horas preto do círculo ártico en marzo de 2012 desde Laponia, na Suecia setentrional. Comeza na parte superior esquerda no solpor e remata na parte inferior dereita, cubrindo dous picos de actividade con coroas brillantes formándose no máis alto. O voo da sonda espacial THEMIS da NASA descubriu, mentres exploraba o espazo entre a Terra e a Lúa, que estas explosións de actividade auroral son dirixidas por liberacións súpetas de enerxía da magnetosfera terrestre. Incluso se non estás a xogar para gañar, podes seguir esta ligazón para ollar a serie nun vídeo secuencia completo (Vimeo).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente