Créditos da imaxe e copyright: Alessandro Marchini (Observatorio Astronómico, DSFTA – Univ. de Siena), Liceo “Alessandro Volta” Astrónomos Estudantes

Créditos da imaxe e copyright: Alessandro Marchini (Observatorio Astronómico, DSFTA – Univ. de Siena), Liceo “Alessandro Volta” Astrónomos Estudantes

Un X na Lúa

Este X luar é fuxidío: só aparente nas horas anteriores á fase do primeiro cuarto da Lúa

Créditos da imaxe e copyright: Alessandro Marchini (Observatorio Astronómico, DSFTA – Univ. de Siena), Liceo “Alessandro Volta” Astrónomos Estudantes

Créditos da imaxe e copyright: Alessandro Marchini (Observatorio Astronómico, DSFTA – Univ. de Siena), Liceo “Alessandro Volta” Astrónomos Estudantes

Explicación: o rechamante X que aparece nesta paisaxe lunar é sinxelo de ollar con binoculares ou un telescopio pequeno. Con todo, non o teñen visto demasiadas persoas. A cachada deste X é fuxidía, só aparente nas horas anteriores á fase do primeiro cuarto da Lúa. No terminador, ou liña de sombra entre o día e a noite lunar, a ilusión de X é producida por unha configuración dos cráteres Blanchinus, La Caille e Purbach. Preto do primeiro cuarto da Lúa, un astronauta que ficase preto da posición dos cráteres ollaría ao Sol erguéndose paseniñamente moi preto do horizonte. Temporalmente, as paredes do cráter estarían alumeadas polo Sol mentres os solos do cráter aínda dicarían escuros. Ollado desde o planeta Terra, as seccións das paredes brillantes contrastan contra os solos escuros dando de casualidade un enorme parecido a un X. Esta imaxe definida do X lunar foi captado aproximadamente ás 16:45 TU do 6 de decembro de 2016. Como un extra, move a túa ollada ao longo do terminador lunar e podes descubrir tamén o V lunar.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.