Xoves 28 Marzo 2024

Un visitante interestelar

Créditos da imaxe: Alan Fitzsimmons (ARC, Queen’s University Belfast), Isaac Newton Group
Créditos da imaxe: Alan Fitzsimmons (ARC, Queen’s University Belfast), Isaac Newton Group

Explicación: o denominado agora A/2017 U1, viaxando a alta velocidade por unha órbita moi hiperbólica e facendo unha curva pechada mentres xiraba por tras do Sol, é o primer pequeno obxecto coñecido procedente do espazo interestelar. Un punto de luz no centro desta exposición de 5 minutos gravada co telescopio William Herschel das illas Canarias o 28 de outubro, o visitante interestelar parécese a un asteroide sen signos de actividade cometaria. As estrelas tenues do fondo aparecen como raias debido a que o gran telescopio de 4,2 metros de diámetro está a perseguir o movemento rápido de A/2017 U1 polo campo de vista. O astrónomo Rob Weryk (IfA) foi quen recoñeceu primeiro ao obxecto en movemento nos datos da exploración celeste Pan-STARSS na noite do 19 de outubro. A/2017 está na actualidade saíndo para nunca retornar ao Sistema Solar, e só se pode ver xa desde o planeta Terra con telescopios ópticos grandes. Aínda que a orixe interestelar se estableceu baseándose na súa órbita, descoñécese canto tempo puido estar o obxecto vagando entre as estrelas da Vía Láctea. Pero a súa velocidade de cruceiro sería duns 26 quilómetros por segundo. En comparación, a sonda espacial humana Voyager 1 viaxa a uns 17 quilómetros por segundo polo espazo interestelar.

Xa tes o teu Ceos Galegos – calendario astronómico 2018?

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente