Venres 19 Abril 2024

Un triplete de Saxitario

Créditos da imaxe e copyright: Christian vd Berge (DSLR Astrophotograhy)
Créditos da imaxe e copyright: Christian vd Berge (DSLR Astrophotograhy)

Explicación: estas tres nebulosas brillantes a miúdo se amosan en xiras telescópicas da constelación Sagittarius e os ateigados campos estelares da Vía Láctea central. De feito, o turista cósmico do século XVIII Charles Messier catalogou dúas delas; M8, a nebulosa grande á esquerda do centro, e a colorida M20 á dereita. A terceira, NGC 6559, está por riba de M8, afastada da nebulosa máis grande por un corredor escuro de po. As tres garderías estelares están a uns cinco milleiros de anos luz de distancia máis ou menos. A gran M8, cun cento de anos luz de diámetro, tamén é coñecida coma a nebulosa da Lagoa. O alcume popular de M20 é a Trífida. O gas hidróxeno brillante das nebulosas de emisión crea a cor vermella dominante, en contraste coa cores azuis, sobre todo na abraiante Trífida, debido ao po que reflicte a luz estelar. A colorida paisaxe celeste gravada con telescopio e cámara dixital tamén inclúe un dos cúmulos abertos de estrelas de Messier, M21, xusto por riba da Trífida.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón