Xoves 18 Abril 2024

Un soño lúcido

Créditos da imaxe e copyright: Arnar Kristjansson
Créditos da imaxe e copyright: Arnar Kristjansson

Explicación: é isto o mundo real? Ou é só fantasía? A verdade comezou cun soño; un soño no que a espectacular fervenza Seljarlandsfoss ao sur de Islandia podería ser fotografada co telón de fondo dun ceo cheo coa aurora. Así que tras unha prometedora previsión de tempo espacial, o visionario astrofotógrafo mailo seu compañeiro saltaron á acción. Tras chegar, capturaron unha imaxe do fondo do ceo, completo cunha aurora verde, o que resultou ser a parte doada. A parte difícil foi capturar a propia fervenza, pola sinxela razón de que o orballo mantiña abafada a lente! O que fácil chega, fácil marcha (levou uns 100 intentos nos que cada vez alguén tivo que voltar cara a cámara) nunha fría noite e sobre rochas escorregadizas, para ver como quedara a última imaxe, limpar aa lente e reaxustar a cámara para o seguinte intento. Máis tarde, as mellores fotografías de terra e ceo combináronse dixitalmente. No ceo pode ollarse, aínda ben por tras da aurora, numerosas estrelas do norte. O título resultante, dado polo astrofotógrafo, estivo influído pola aparencia cun soño da imaxe final, combinada posiblemente co coñecemento de que algunhas cousas foron ben importantes no esforzo de facer que o seu soño se fixera realidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón