Venres 19 Abril 2024

Un halo lunar azul sobre a Antártida

Créditos da imaxe e copyright: LI Hang
Créditos da imaxe e copyright: LI Hang

Explicación: algunha vez ollaches un halo ao redor da Lúa? Trátase dun deses aneis de 22 graos ao redor da Lúa, provocado por cristais de xeo que caen na atmosfera da Terra. É un fenómeno bastante raro. E algunha vez chegaches a ver unha lúa azul? Segundo a definición moderna de lúa azul é a segunda lúa chea que acontece nun mesmo mes do calendario. E tamén son raras. Polo tanto, o que se amosa arriba podería considerarse dobremente raro; un halo arrodeando unha lúa azul. A imaxe publicada foi tirada a finais do mes pasado preto da estación Zhongshan na Antártida. No primeiro plano pode ollarse unha central de xeración eléctrica e un vehículo para a neve. O que poderían ser estrelas no fondo son realmente folerpas de neve alumeadas preto da cámara.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas

Como xestionar a enerxía eléctrica en vehículos lunares non tripulados? Así o estuda a UVigo

O proxecto busca garantir as demandas eléctricas dos 'rovers' no polo sur lunar, un lugar de interese científico pola posibilidade de que exista auga conxelada

Confirmada a presenza de gripe aviaria por primeira vez na Antártida

O virus detectouse en mostras de aves mortas, achadas por científicos arxentinos nas proximidades da base 'Primavera'

Científicos galegos buscan na Antártida procesos naturais que afecten á supervivencia do planeta

Falamos co investigador Mariano Lastra, quen estuda a degradación das algas baixo distintos niveis de radiación e como isto afecta aos nutrientes dispoñibles