Xoves 25 Abril 2024

Este flash fortuíto pode ser a estrela máis afastada

Créditos a imaxe: NASA, ESA e P. Kelly (U. Minnesota) et al.
Créditos a imaxe: NASA, ESA e P. Kelly (U. Minnesota) et al.

Explicación: foi este o flash máis afastado nunca visto antes? Un flash de luz inesperado que se ollou fortuítamente nas imaxes do Telescopio Espacial Hubble poida que sexa non so un estraño evento de lente gravitacional; tamén unha imaxe dunha estrela normal 100 veces máis lonxe que ningunha outra estrela fotografada individualmente ata o de agora. A imaxe publicada amosa o cúmulo de galaxias da esquerda cheo de moitas galaxias amareladas, mentres que á dereita hai un cadro ampliado onde unha fonte aparecía en 2016 que non era evidente ata 2011. O espectro e variabilidade desta fonte son estrañamente parecidos a unha supernova, pero semella máis consistente cunha estrela superxigante azul normal ampliada por un factor de 2000 pola confluencia de lentes gravitacionais aliñadas. Alcumada Icarus, a fonte está nunha galaxia ben por tras do cúmulo galáctico e moi afastado no universo; cun corremento ao vermello de 1,5. Se a interpretación da ampliación é correcta e Icarus non é unha estrela que estourou, as observacións adicionais da mesma e outras estrelas ampliadas de xeito semellante poderían dar información sobre o contido estelar e de materia escura do cúmulo galáctico e do universo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón