Venres 19 Abril 2024

Un espectro no Veo oriental

Nebulosa do Veo
Image Credit & Copyright: Ken Crawford (Rancho Del Sol Observatory).

Explicación: formas arrepiantes e facianas sinistras son a marca da tempada do Halloween. Tamén se manifestan neste primeiro plano cósmico da parte oriental da Nebulosa do Veo. A propia Nebulosa do Veo é un remanente xigante de supernova, a nube de refugallos en expansión procedentes da explosión mortal dunha estrela masiva. Mentres o Veo é aproximadamente de forma circular e cobre case 3 graos do ceo na constelación do Cisne, esta porción do Veo oriental abarca só medio grao, máis ou menos o tamaño aparente da Lúa. Iso supón 12 anos luz á reconfortante distancia estimada de 1.400 anos luz desde o planeta Terra. Na composición de datos de imaxes gravados ao través de filtros de banda estreita, a emisión dos átomos de hidróxeno do remanente represéntase en vermello e a forte emisión dos átomos de osíxeno en tons azul-verdosos. Na parte occidental do Veo atópase outra aparición da tempada, a Vasoira da Meiga.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente