Xoves 25 Abril 2024

Un diaño de po sobre Marte

Un diaño de po sobre Marte
Créditos da imaxe: HiRISE, MRO, LPL (U. Arizona), NASA.

Explicación: era xa a finais da primavera marciana do hemisferio norte cando a cámara HiRISE a bordo do Mars Reconnaissance Orbiter espiou a este cidadán local. Detectado en Amazonis Planitia en 2012, plana e chea de po, o núcleo deste diaño de po xiratorio é duns 140 metros de diámetro. O seu penacho, guindando po ao interior da fina atmosfera marciana, chega a uns 20 quilómetros por riba da superficie. Os diaños de po, comúns nesta rexión de Marte, ocorren cando a superficie é quecida polo Sol, xerándose correntes de aire morna que se erguen e comezan a rotar. Os ventos tanxentes acadan velocidades de ata 110 quilómetros por hora, como se informou noutras imaxes da HiRISE de diaños de po.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo da UVigo demostra a viabilidade de ir a Marte con propulsión solar

Investigadores do campus de Ourense presentan o deseño preliminar dun satélite e proban a superiorade deste novo sistema

Unha paisaxe invernal en Marte? Esta imaxe demostra que non todo é o que parece

A misión espacial Mars Express ofrece unha espectacular fotografía do cráter Korolev para conmemorar os quince anos en órbita no planeta vermello

Primeiras imaxes de Deimos, a lúa máis misteriosa de Marte

Foi capturada pola Hope Mars Mission e a partir das capturas os expertos deduciron que o satélite puido formarse co planeta

A nave da misión Artemis I regresa con éxito á Terra tras un mes xirando arredor da Lúa

A cápsula da misión Artemis I amarou o pasado domingo nas augas do Océano Pacífico tras facer historia co seu voo de case 26 días sen tripulación en torno ao noso satélite