Venres 19 Abril 2024

Un cometa con tres colas

Creditos da imaxe e copyright: Fritz Helmut Hemmerich
Creditos da imaxe e copyright: Fritz Helmut Hemmerich

Explicación: como pode ter un cometa tres colas? Normalmente un cometa ten dúas colas: unha cola iónica de partículas cargadas emitidas polo cometa e empurradas cara o exterior polo vento solar, e unha cola de po de pequenos refugallos que aparece por tras do cometa e empurrada tamén polo vento solar, con algúns graos de inclinación. A miúdo un cometa semellará ter só unha cola porque a outra non se olla con facilidade desde a Terra. Na estraña fotografía publicada, o cometa 2P/Encke parecer ter tres colas porque a cola iónica dividiuse preto do intre no que se tirou a imaxe. O complexo vento solar é as veces turbulento e ás veces crea unha estrutura estraña na cola iónica. En ocasións raras incluso se gravou o acontecemento da desconexión da cola iónica. Unha fotografía do cometa Encke tomada dous días máis tarde ten unha perspectiva que nos deixa menos perplexos.

APOD en vivo: charliña sobre as fotos do ano 2016 en Vigo e Pontevedra. En Ourense e na Coruña xa foron.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón