arco-da-vella-australia

Un arco da vella circular sobre Australia

arco-da-vella-australia

Créditos da imaxe e copyright: Colin Leonhardt (Birdseye View Photography)

Explicación: algunha vez ollaches un arco da vella completo? Normalmente, desde o chan só se pode ver a parte superior dun arco da vella porque as direccións que apuntan ao chan teñen menos cantidade de pingas de auga. Pero, desde o aire, un círculo completo de 360 graos dun arco da vella pode ollarse máis a miúdo. Nesta fotografía, capturouse un círculo completo sobre Cottesloe Beach preto de Perth (Australia) o ano pasado por un helicóptero voando entre un Sol poñéndose e unha chuvieira. O arco da vella de 84 graos de diámetro, un fenómeno dependente do observador e primariamente provocado polas reflexións internas da luz solar nas pingas de auga, seguiu ao helicóptero, intacto, durante uns 5 quilómetros. Coma extra, un arco da vella secundario podía ollarse fóra do primeiro, máis tenue e coas cores invertidas.

Unha resposta a “Un arco da vella circular sobre Australia”

  1. Moitas veces, para facer astronomía só hai que erguer a cabeza e mirar ao ceo. Os arcos da vella son unha ocasión única. Nas vísperas do Ano Internacional da Luz 2015, temos ante nós a descomposición da luz branca do Sol nunha chea de cores. Ou, dito máis finamente, o espectro electromagnético da luz visible. O mesmo se fai coa luz das estrelas para medir a súa composición ou, nos últimos anos, a luz das estrelas que atravesa a atmosfera dos exo-planetas que pasan por diante e nos permiten, deste xeito, analizar a composición da súa atmosfera.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.