Créditos da ilustración: ESO / M. Kornmesser

Créditos da ilustración: ESO / M. Kornmesser

Tres mundos en TRAPPIST-1

Créditos da ilustración: ESO / M. Kornmesser

Créditos da ilustración: ESO / M. Kornmesser

Explicación: hai tres novos mundos que están a orbitar a estrela anana ultrafría TRAPPIST-1, a tan só 40 anos luz de distancia. Os seus tránsitos detectáronse por primeira vez polo telescopio automático belga TRAnsiting Planets and Planetesimals Small Telescope, TRAPPIST (N.T.: Pequeno Telescopio de Planetas e Planetesimales en Tránsito), no Observatorio La Silla do ESO en Chile. Os exoplanetas recén descubertos son semellantes en tamaño á Terra. Debido a que orbitan moi achegados á súa pequena e feble estrela, poderían ter zonas nas que a temperatura superficial permitir a presenza de auga líquida, un ingrediente chave para a vida. A súa abraiante proximidade á Terra convírteos en candidatos de primeira orde para futuras exploracións con telescopio das atmosferas destes planetas potencialmente habitables. Os tres mundos aparecen nesta imaxe artística, unha escena imaxinada preto do horizonte do planeta máis exterior do sistema. Por suposto, o planeta máis interior está a transitar a estrela nai, feble, avermellada e de tamaño semellante a Xúpiter.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.