Venres 19 Abril 2024

Tránsito mercurial en 3D

Créditos da imaxe e copyright: Stefan Seip (TWAN)
Créditos da imaxe e copyright: Stefan Seip (TWAN)

Explicación: o 8 de maio, o planeta máis interior, Mercurio, cruzou por diante do Sol. Aínda que as fotografías recollen o evento en só dúas dimensións, unha interesante perspectiva tridimensional do tránsito é posible ollando de balde esta parella en estéreo. A imaxe fíxose con 23 minutos de diferencia e xirada de xeito que a posición de Mercurio varía horizontalmente entre as dúa. Como resultado, o movemento orbital de Mercurio produciu unha paralaxe esaxerada que simula unha visión binocular. Entre as dúas instantáneas, o veloz planeta de apropiado nome que se move a 47,4 quilómetros por segundo de velocidade orbital realmente viaxou uns 65 000 quilómetros. A imaxe da esquerda, tirada en primeiro lugar, está pensada para o ollo dereito, polo que precísase ollar de xeito birollo para ver a Mpequena silueta de Mercurio suspendida no primeiro plano. Próbao. Xuntar o texto da parte inferior da imaxe axuda.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un xigantesco mapa 3D dá a medida máis precisa da expansión do universo

O instrumento DESI cartografa galaxias e cuásares e mide a velocidade de crecemento do cosmos hai entre 8.000 e 11.000 millóns de anos

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150