Sábado 20 Abril 2024

Tránsito de Mercurio: un punto no Sol

Créditos da imaxe e copyright: David Cortner
Créditos da imaxe e copyright: David Cortner

Explicación: que vén sendo ese punto sobre o Sol? Se ollas ben é case perfectamente redondo. O punto é o resultado dun estraño tipo de eclipse solar que ocorreu en 2006. Normalmente é a Lúa terrestre a que eclipsa o Sol. Desta volta, foi a quenda do planeta Mercurio. Coma o achegamento da Lúa nova antes dunha eclipse solar, a fase de Mercurio foise facendo de xeito continuo un cuarto minguante cada vez máis fino mentres o planeta avanzaba cara un aliñamento co Sol. Ao final, a fase de Mercurio diminuiu ata cero e a mancha escura do planeta cruzou a nosa estrela. A situación podía ser etiquetada tecnicamente coma unha eclipse anular cun anel de lume extraordinariamente grande. Desde enriba das chairas cheas de cráteres do lado nocturno de Mercurio, a Terra aparecería na súa fase completa. Horas máis tarde, mentres Mercurio continuaba na súa órbita, unha fase lixeiramente crecente apareceu de novo. Isto foi hai dez anos; a vindeira eclipse solar mercuriana é o luns 9 de maio de 2016.

Aquí tes máis información
sobre o tránsito de Mercurio de hoxe luns

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Guía para ver a eclipse solar dende Galicia

O fenómeno poderase observar a partir das 21:02 horas, sete minutos antes do ocaso na zona da Coruña

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150