Xoves 25 Abril 2024

Torta en capas de solpor

Créditos da imaxe e copyright: Yuri Beletsky (Carnegie Las Campanas Observatory, TWAN)
Créditos da imaxe e copyright: Yuri Beletsky (Carnegie Las Campanas Observatory, TWAN)

Explicación: o 18 de xaneiro capturouse un solpor sedutor nesta instantánea. O Sol, partido aparentemente en moitas capas horizontais, escintilaba un pouco antes de tocar o horizonte, poñéndose sobre o océano Pacífico tal e como se olla desde o cumio do Observatorio Las Campanas en Chile. As cores rosadas da luz solar filtrada foron creadas pola longa liña de visión que atravesa a atmosfera de brétemas. Pero as capas que destacan correspóndense coas capas da baixa atmosfera con temperaturas e densidades que cambian de súpeto tamén ao longo da liña de visión. Durante un camiño longo por cada capa os raios de luz solar son fortemente refractados e crean imaxes diferentes ou ilusións de seccións do Sol poñéndose.

Charla: APOD da NASA 2016, un ano de astronomía en galego. Sábado 21 de xaneiro de 2017 en Ourense, no Ateneo (Av. Habana, 25), ás 20:00 horas. Muncyt da Coruña, xoves 16 de febreiro ás 19:30.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150
00:05:02

Poñer a roupa ao clareo do Sol, funciona?

É unha técnica tradicional para branquear a roupa que seguimos empregando hoxe. A ciencia confirma a eficacia dos raios solares como o mellor desinfectante natural