Tornado e Arco da vella en Kansas

Tornado e arco da vella sobre Kansas

Tornado e Arco da vella en Kansas

Créditos da imaxe e copyright: Eric Nguyen (Oklahoma U.), www.mesoscale.ws.

Explicación: a escena podería considerarse tranquila se non fose polo tornado. Durante 2004 en Kansas, o cazador de tormentas Eric Nguyen fotografou este incipiente remuíño nunha luz diferente; a luz dun arco da vella. Tal e como se amosa aquí, a nube branca dun tornado baixa desde unha escura nube de tormenta. O Sol, que mira ao través dun pequeno claro do ceo á esquerda, alumea algúns edificios do primeiro plano. A luz solar reflíctese ao través das pingas de auga para formar un arco da vella. Por casualidade, o tornado parece rematar xusto enriba do arcoíris. As raias da imaxe son saraiba que se mantén xirando polos rápidos ventos do remuíño. Uns 1.000 tornados, o tipo máis violento de tormenta coñecida, ocorren na Terra cada ano, moitos na corredoira dos tornados. Se ollas un tornado mentres conduces non tentes deixalo atrás; aparca o teu coche nun lugar seguro, vaite a un refuxio para tormentas, ou acrequénate baiso os chanzos nun soto.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.