Créditos da imaxe: NOAA, NASA, Lockheed Martin, GOES-16, GLM

Créditos da imaxe: NOAA, NASA, Lockheed Martin, GOES-16, GLM

Tormenta de lóstregos sobre Estados Unidos

Unha gran tormenta, retratada en 'time lapse' dende o espazo, atravesa o país causando graves danos

Explicación: olla unha enorme tormenta de lóstregos movéndose polo leste dos EUA. A gran tormenta provocou moitos danos e desafortunadamente algunhas perdas humanas durante o seu traxecto. Vista desde o espazo, os lóstregos vense coma flashes momentáneos no vídeo secuencia publicado que se rexistrou o mes pasado polo Geostationary Lightning Mapper (GLM ou Cartografador Xeoestacionario de Lóstregos) a bordo do satélite GOES-16. O perfil de Norteamérica é máis evidente polo día, mentres que os brillantes alustros destacan máis pola noite. Unha ollada ao vídeo amosa que gran parte dos lóstregos ocorreron no bordo dianteiro da enorme cola da tormenta xiratoria. Como a miúdo os lóstregos preceden un impacto máis violento da tormenta, os datos dos alustros do GLM prometen axudar a reducir o dano persoal das tormentas futuras.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.