Martes 16 Abril 2024

Todas as eclipses de 2017

Créditos da imaxe e copyright: Petr Horálek
Créditos da imaxe e copyright: Petr Horálek

Explicación: todas as eclipses lunares e solares de 2017 están representadas á mesma escala nestes catro paneis, tal e como se viron desde o planeta Terra. O xogo de sombras celestes deste ano foi seguida por catro países diferentes por un aventureiro cazador de eclipses. Como saque inicial da tempada de eclipses, na parte superior esquerda captouse a Lúa chea de febreiro desde a Chequia. A súa sutil sombra, ao ser unha eclipse lunar penumbral, débese á sombra más externa e clara da Terra. Máis tarde nese mes a Lúa Nova arriba á dereita estivo arrodeada por un anel de lume, gravado nunha película desde Arxentina preto do punto medio da espectacular eclipse solar anular. A parella inferior de eclipses de agosto atopa á esquerda a escura sombra umbral da Terra na eclilpse parcial desde Alemania , maila vibrante coroa solar arrodeando un Sol totalmente eclipsado desde os EUA occidentais. Se levas conta do marcador, os números Saros (ciclos de eclipses) para todas as eclipses de 2017 están na parte inferior esquerda de cada panel.

Xa tes o teu Ceos Galegos – calendario astronómico 2018?

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón