Créditos da imaxe e copyright: Tomeu Mas

Créditos da imaxe e copyright: Tomeu Mas

A superlúa sobre un castelo en España

A NASA escolle como a súa imaxe mundial do día esta foto tomada en Palma de Mallorca

Créditos da imaxe e copyright: Tomeu Mas

Créditos da imaxe e copyright: Tomeu Mas

Explicación: non, este castelo non se construíu coa Lúa apegada. Para crear a espectacular xustaposición, necesitouse unha coidadosa planificación e unha chisca de bo tempo. Na fotografía capturouse a derradeira superlúa de 2016 da semana pasada, erguéndose directamente máis alá dunha das torres do castelo Bellver de Palma de Mallorca nas illas Baleares de España. A superlúa foi a última lúa chea de 2016 e recebe nalgúns lugares o nome de Lúa de Carballo. O castelo de Bellver foi construído a comezos do século XIV e serviu de fogar, e de vez en cando de cárcere, de numerosos reis e raíñas. A Lúa foi construída hai uns 4,5 mil millóns de anos, posiblemente coma resultado dunha gran colisión cun corpo celeste do tamaño de Marte coa Terra. A vindeira superlúa, definida cando a Lúa parece lixeiramente máis grande e brillante do normal, ocorrerá o 3 de decembro de 2017 e será visible non só por tras dos castelos senón por toda a Terra.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.