Venres 19 Abril 2024

Super Planet Crash: crea o teu propio sistema planetario


Créditos do xogo e licenza BY-NC-ND CC: Stefano Meschiari (U. Texas en Austin)
Explicación: sabes crear un sistema planetario que dure 500 anos? O xogo que presentamos, Super Planet Crash, permíteche tentalo. Para crear ata dez planetas só tes que premer en calquera lugar preto da estrela central. Os tipos de planetas poden escolmarse á esquerda en orde de maior masa: Terra, Súper-Terra, Xigante de xeoPlaneta xigante, Anana marrón ou Estrela anana. Cada planeta é atraído gravitatoriamente non só pola estrela central de tipo solar, senón tamén polos outros planetas. O premio son puntos, con factores de bonificación aplicados polo aumento de poboación planetaria e os sistemas habitables. O xogo remata tras 500 anos ou cando un planeta é expulsado gravitatoriamente. Estanse a descubrir moitos sistemas exoplanetarios nos últimos anos e Super Planet Crash demostra por que algúns fican estables. Como podes sospeitar, despois de xogar ao Super Planet Crash unhas poucas veces, hai unha razón para crer que o noso propio Sistema Solar chegou a perder planetas durante a súa formación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente