Créditos da imaxe e copyright: Gemini Obs., AURA, NSF

Créditos da imaxe e copyright: Gemini Obs., AURA, NSF

A súper-burbulla N44

A enorme nebulosa de emisión N44 da Gran Nube de Magallaes ten un gran burato de 250 anos luz

Créditos da imaxe e copyright: Gemini Obs., AURA, NSF

Créditos da imaxe e copyright: Gemini Obs., AURA, NSF

Explicación: que creou este burato xigante? A enorme nebulosa de emisión N44 da nosa galaxia veciña a Gran Nube de Magallanes ten un gran burato de 250 anos luz e os astrónomos están tentando averiguar por que. Unha posibilidade está nos ventos de partículas expulsados polas estrelas masivas do interior da burbulla que están a empurrar o gas brillante. Porén, atopouse que esta resposta era inconsistente coas velocidades medidas para o vento. Outra posibilidade é que as capas en expansión de supernovas antigas esculpiran a estraña caverna espacial. Unha pista imprevista de raios X emitidos por gas quente detectouse recentemente fuxindo da súper-burbulla N44. A imaxe publicada foi tirada en tres cores moi específicas polo enorme Telescopio Gemini Sur de 8 metros sobre Cerro Pachón en Chile.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.