Saturn_during_Equinox

A sonda Cassini achégase a Saturno

O espectacular vídeo do achegamento da nave ao planeta dos aneis, onde se estrelará este venres día 15

Explicación: como sería achegarse a Saturno nunha nave espacial? Non tes por que imaxinalo; a nave espacial Cassini xa o fixo en 2004, rexistrando milleiros de imaxes ao longo do camiño e centos de milleiros máis desde que entrou en órbita. Algunhas das primeiras imaxes da Cassini foron afinadas, axustadas e recompiladas dixitalmente no estimulante vídeo publicado, que forma parte dun proxecto de película IMAX máis grande denominado Nos aneis de Saturno. Na secuencia final, Saturno axexa cada vez con máis tamaño ao achegarse mentres o anubrado Titán pasa por baixo. Con Saturno xirando no fondo, a Cassini é representada despois sobrevoando Mimas, co gran cráter Herschel claramente visible. Os maxestosos aneis de Saturno toman o relevo no espectáculo mentres a Cassini atravesa o delgado plano dos aneis. As sombras escuras do anel aparece sobre o propio Saturno. Ao remate, a enigmática lúa Enceladus cos seus géyseres de xeo aparece na distancia e chegamos a ela xusto canto a peza de vídeo remata. A propia nave espacial Cassini, con pouco combustible, ten programado rematar o venres cando será dirixida a achegarse tanto a Saturno para caer nel e fundirse.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.