Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, Space Science Institute

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, Space Science Institute

Sombras de hélice nos aneis de Saturno

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, Space Science Institute

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, Space Science Institute

Explicación: que son esas sombras estrañamente longas nos aneis de Saturno? As sombras escuras, visibles preto do centro da imaxe, esténdense en oposición ao Sol e, dada a súa lonxitude, xorden a partires de obxectos con alturas duns poucos quilómetros. As sombras longas foron unha sorpresa polo espesor inhabitual dos aneis A e B de Saturno, de só uns 10 metros. Porén, tras considerar as formas crechas pero alongadas aparentemente preto do bordo do anel B, apareceu unha teoría destacada de que hai algunhas lúas aí que teñen gravidade abondo para crear aínda deflexións verticais máis grandes das partículas pequenas do anel achegado. As ondas resultantes denomínanse “hélices” (N.T.: tradución literal de “propeller”, termo do que non atopei tradución na literatura especializada), chamadas polo que parecen individualmente. Son estes grupos coherentes de partículas de anel máis pequenas que se cre que están a proxectar sombras longas. A fotografía publicada foi tomada pola sonda espacial automática Cassini que está actualmente a orbitar Saturno. A imaxe captouse en 2009, preto do equinoccio de Saturno, cando a luz solar caía directamente sobre o plano dos aneis e provocou que se proxectaran as sombras máis longas.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.