Venres 19 Abril 2024

A sombra da Cabeza de Cabalo

Créditos da imaxe e copyright: Steve Mazlin, Mark Hanson, Warren Keller, Rex Parker, Tommy Tse e Peter Proulx (SSRO / PROMPT / CTIO)
Créditos da imaxe e copyright: Steve Mazlin, Mark Hanson, Warren Keller, Rex Parker, Tommy Tse e Peter Proulx (SSRO / PROMPT / CTIO)

Explicación: NGC 2023, escavada por unha brillante estrela moza nas poeirentas nubes moleculares de Orión, a miúdo é ignorada en favor da espectacular silueta da achegada nebulosa Cabeza de Cabalo. Aínda que por si soa aparece coma unha emisión de formación estelar fermosa e unha nebulosa de reflexión, a só 1500 anos luz de distancia. Neste raro retrato de NGC 2023 amósanse polo miúdo os filamentos complexos e abraiantemente coloridos. Tamén hai espallados puntos de emisión que proceden dos obxectos Herbig-Haro da zona, asociados con chorros potentes procedentes das estrelas recén nadas. Esta definida vista telescópica abarca uns 10 anos luz á distancia estimada de NGC 2023. Fóra do bordo dereito do recadro está a más familiar Cabeza de Cabalo cósmica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Artigo anterior
Seguinte artigo

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón