Xoves 18 Abril 2024

Sobrevoando Plutón


Créditos do vídeo: NASA, Johns Hopkins Univ./APL, Southwest Research Inst.
Explicación: levou 9,5 anos chegar tan preto, pero agora podes tomar un voo virtual sobre Plutón nesta animación con datos de imaxes procedentes da nave espacial New Horizons. O terreo plutoniano que se vai despregando a 77.000 quilómetros (48.000 millas) por baixo identíficase coma os montes Norgay, seguidos por Sputnik Planum. As montañas de xeo, informalmente baptizadas por un dos primeiros escaladores do monte Everest Tenzing Norgay, chegan ata os 3.500 quilómetros (11.000 pés) por riba da superficie. As chairas sen cráteres, conxeladas e novas, chámanse de xeito informal como o primeiro satélite artificial da Terra. O Sputnik Planum está ao norte dos montes Norgay, no interior do accidente xeográfico con forma de corazón, brillante e extenso, coñecido provisionalmente coma Tombaugh Regio por Clyde Tombaugh, quen descubriu Plutón en 1930.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Artigo anterior
Seguinte artigo

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón