Xoves 28 Marzo 2024

O Setestrelo por riba e por baixo dos volcáns chilenos

Créditos da imaxe e copyright: Yuri Beletsky (Carnegie Observatorio Las Campanas, TWAN)
Créditos da imaxe e copyright: Yuri Beletsky (Carnegie Observatorio Las Campanas, TWAN)

Explicación: velo? A miúdo esta pregunta común precede o redescubrimento dunha das configuracións de estrelas máis facilmente recoñecible do ceo setentrional: o Setestrelo. Este grupo de estrelas é unha das poucas cousas probablemente mirada, e que será vista, por todas as xeracións. O Setestrelo non é en si mesmo unha constelación. Aínda que parte da constelación da Osa Maior (Ursa Major), o Setestrelo é un asterismo coñecido con nomes diferentes por sociedades diferentes. Realmente, cinco das estrelas do Setestrelo están preto unha doutra no espazo e probablemente se formaron ao mesmo tempo. Conectando as dúas estrelas da parte afastada do Setestrelo levaría a Polaris, a estrela do norte, que é parte do Carro Pequeno. Os movementos estelares relativos farán que o Setestrelo mude paseniñamente a súa configuración durante os vindeiros 100.000 anos. O Setestrelo, na imaxe de finais de abril, realmente foi fotografado dúas veces; por riba e por baixo dos afastados volcáns chilenos, a última reflectido nunha lagoa estrañamente en calma.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O ceo por fin ten nomes galegos: este é o dicionario das 88 constelacións

A Real Academia Galega aproba a listaxe, froito da colaboración entre o Seminario de Terminoloxía e un equipo de expertos en Astronomía

Ceos Galegos 2019, un calendario con catorce abraiantes imaxes

Sae á venda a nova edición do almanaque de gran formato con fotografías nocturnas e astronómicas tomadas desde varios puntos de Galicia

Encélado en silueta

A imaxe amosa os penachos que continuamente expulsa ao espazo desde o polo sur a lúa de Saturno de 500 quilómetros de diámetro

Charla e observación astronómica na Nave de Vidán, en Santiago

O físico Dosi Veiga comeza a súa xira de charlas sobre as mellores imaxes astronómicas do ano para a NASA