Créditos da imaxe: ESA / Rosetta / MPS for OSIRIS Team.

Créditos da imaxe: ESA / Rosetta / MPS for OSIRIS Team.

Rosetta no perihelio

Créditos da imaxe: ESA / Rosetta / MPS for OSIRIS Team.

Créditos da imaxe: ESA / Rosetta / MPS for OSIRIS Team.

Explicación: este estourido espectacular procedente do núcleo do cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko ocorreu o 12 de agosto, xusto unhas horas antes do perihelio, o seu achegamento máis próximo ao Sol. Completando unha órbita do Sol unha vez 6,45 anos, a distancia do perihelio para este cometa periódico está a uns 1,3 unidades astronómicas (UA), aínda más fóra da órbita do planeta Terra (a 1 AU). A dura imaxe de 4 quilómetros de ancho, do núcleo de dous lobos coa brillante luz solar e as sombras escuras foi tirada pola cámara científica da sonda espacial Rosetta a uns 325 quilómetros de distancia. A Rosetta, demasiado preto para ollar a cola crecente do cometa, mantén o seu asento de primeira fila para ollar o núcleo morno e farase máis activo nas vindeiras semanas, cando os xeos primordiais sublimen desde a superficie e produzan chorros de gas e po. Por suposto, o po procedente do núcleo do cometa periódico Swift-Tuttle, que pasou por última vez polo seu perihelio en 1992 a unha distancia de 0,96 UA, caeu á Terra xusto esta semana.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.