Xoves 28 Marzo 2024

Ronseis estelares no monte Alborz

Créditos da imaxe e copyright: Stéphane Guisard (Los Cielos de América, TWAN)
Créditos da imaxe e copyright: Stéphane Guisard (Los Cielos de América, TWAN)

Explicación: os coloridos ronseis estelares forman un arco ao través da noite nesta paisaxe celeste e montañeira en gran angular. Desde un planeta en rotación, a exposicións consecutivas engadidas dixitalmente fixéronse cunha cámara fixada a un trípode e apuntando ao sur, sobre a cordilleira iraní dos montes Alborz. As estrelas deixan arcos concéntricos ao redor do polo sur celeste do planeta, por baixo do agreste horizonte da escena. Ao seren combinadas, as numerosas exposicións curtas desvelan tamén as fermosas cores das estrelas. Os ronseis azulados proceden de estrelas máis quentes có noso Sol, mentres que os amarelados son das estrelas máis frías.  Preto do centro destaca o ronsel rosado creado pola nebulosa de Orión Nebula, onde se forman estrelas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente