Retrato do Sistema Solar

Retrato do Sistema Solar

Retrato do Sistema Solar

Créditos da imaxe: Voyager Project, NASA.

Explicación: hai 25 anos, noutro día de San Valentín, cruzando catro mil millóns de millas desde o Sol, a nave espacial Voyager 1 mirou atrás por derradeira vez para facer este primeiro retrato de familia do Sistema Solar. O retrato completo é un mosaico de 60 cadros feito desde o punto privilexiado a 32 graos por riba do plano da eclíptica. Nel, a cámara gran angular da Voyager varre o Sistema Solar interior á esquerda, unindo co xigante de gas Neptuno, o planeta máis exterior do Sistema Solar, no extremo dereito. As posicións de Venus, a Terra, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno están indicados por letras, mentre o Sol é o punto brillante preto do centro do círculo de fotogramas. Os cadros inseridos para cada un dos planetas son da cámara de campo estreito da Voyager. Non se olla no retrato a Mercurio, demasiado preto do Sol para ser detectado, e Marte, desgrazadamente agochado pola luz solar difundida polo sistema óptico da cámara. Máis achegado ao Sol ca Neptuno nese intre, a posición do pequeno e tenue Plutón non estaba cuberta.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.