Retrato NGC281

Retrato de NGC 281

Retrato NGC281

Créditos da imaxe e copyright: Martin Pugh.

Explicación: olla ao través da nube cósmica catalogada coma NGC 281 e poida que botes de menos as estrelas do cúmulo aberto IC 1590. Pero esas estrelas masivas e novas do cúmulo, formadas no interior da nebulosa, impulsan basicamente o brillo nebular xeralizado. As formas rechamangueiras e ameazadoras deste retrato de NGC 281 son columnas esculpidas e glóbulos densos de po que se ven en silueta, erosionados polos ventos potentes e intensos e a radiación das estrelas quentes do cúmulo. Se sobreviven abondo, as estruturas poeirentas tamén poderían ser lugares de futura formación estelar. Chamada ledamente a Nebulosa Comecocos pola seu aspecto global, NGC 281 está a uns 10.000 anos luz de distancia na constelación de Cassiopeia. Esta definida imaxe composta fíxose ao través de filtros de banda estreita, combinando a emisión dos átomos de hidróxeno, xofre e osíxeno da nebulosa en cores verde, vermello e azul. Abarca uns 80 anos luz á distancia que se lle estima a NGC 281.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.